martes, 19 de mayo de 2015

SACA O TEU ORGULLO CORUÑ@ E RACHA A ESCURIDADE: CONVOCATORIAS, ATA O 22 DE MAIO, MAREA ATLÁNTICA


MENSAXES E AXENDA DO ANO DO CAMBIO: "O 24 de maio temos unha oportunidade histórica. Os datos das enquisas confirman o que se percibe na rúa, que cada vez máis persoas coñecen a Marea e que cada vez son máis as que confían nela como alternativa de goberno. Os últimos actos de campaña van sumando forzas de forma notoria e día a día congregan a máis participantes. Pero precisamos facer un último esforzo, para que o treito final da campaña teña aínda máis respaldo. Por iso vos pedimos unha axuda extra de colaboración para convertir en éxito as últimas convocatorias e demostrar o músculo da Marea. Queremos a vosa presenza nos actos públicos, pero tamén nos repartos de propaganda, nas pegadas de carteis, como apoderada/os ou interventora/es na xornada electoral; precisamos poñer cara e imaxe multitudinaria á ilusión que se está creando. 

  • Hoxe martes temos o encontro #XenteDeBarrio cos veciños e veciñas da Agra e o Ventorrillo no CEIP María Barbeito, no Ventorrillo (Alcalde Salorio Suárez, 28) ás 20.00 horas.
  • mércores, tamén ás 20.00 horas, volvemos ao Paraninfo da Universidade (Maestranza, 9) co acto #AgoraMarea, que busca ser un grande encontro público e para o que precisamos que movas toda a xente posible.
  • O xoves, ás 20.00 horas, repetimos o formato #XenteDeBarrio no CEIP Curros Enríquez. E antes teremos un acto ás 18.00h na Praza da Leña.
  • E o venres remataremos por todo o alto, contamos contigo para unha xornada final inesquecible cuxo acto central se vos comunicará en breve.
Esperamos contar con todas e todos vós, para poder celebrar o día 24 unha victoria histórica na cidade.
Hai Marea!"


No hay comentarios:

Publicar un comentario