lunes, 22 de septiembre de 2014

PRESENTACIÓN DO LIBRO "MIS MEMORIAS 10 AÑOS, 3 MESES Y 120 HORAS DE PRISIÓN", DE DOLORES BOTEY. ( A Coruña, 24 de septiembre, 20h, Casa Museo Casares Quiroga).

La Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña convoca a la presentación do libro "Mis Memorias 10 años, 3 meses y 120 horas de prisión". Autobiografia dunha moza condenada a morte baixo o réxime franquista, Dolores Botey Alonso. O acto lo presentará Catalina París Botey (filla da autora). Será o Mércores 24 de setembro de 2014, a partir das 20,00 horas na Casa Museo Casares Quiroga, en rúa Panaderas, 12, A Coruña.
Estas memorias nacen nacen na intimidade dunha vida en plenitude, no Londres de 1974, sen unha invitación expresa á súa lectura, sen unha intención máis alá de da simple lembranza, nacida da necesidade de contar unha dura experiencia. Deixa agromar as súas letras ao tempo que as lembranzas, con palabras que se clavan ata o fondo do alma.
De maneira espontánea, sinxela e directa, váinos relatando situacións cheas de crueza en ocasións, noutras con gran sentido do humor e ironía. Conta os feitos tal e como sucederon pero non desde o odio ou o rancor.
É un documento onde a realidade alí plasmada vai máis aló do rigor literario ou histórico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario