martes, 8 de abril de 2014

AURORA MARCO, AUTORA DE "AS SILENCIADAS", REPUBLICANA DE HONOR 2014

  •    Aurora Marco, a autora de "As silenciadas", foi lembrada Republicana da Honra deste ano 2014, recoñecendo o seu labor de investigadora e historiadora, que fixo posible que o traballo impagable que fixeron mulleres galegas, loitando contra ditadura de Franco apoiando e participando na guerrilla antifranquista galega, fose recoñecido e valorado como tal. 
       Aurora Marco recibe esta distinción, que vai dirixida tamén a todas as “Silenciadas”, esas mulleres que, coa sua colaboración e participación na guerrilla antifranquista galega, posibilitaron en grande medida as liberdades das que actualmente disfruta a sociedade galega e do estado español. 

       O fillo de Aurora Marco, Pablo Ces, foi quen dirixíu o documental titulado “As Silenciadas”, co guión feito pola propia Aurora Marco, que fala das historias desas mulleres que deron o mellor da sua vida na procura da democracia, loitando contra o réxime na guerrilla antifranquista galega. 
       Este documental foi galardonado no ano 2011 co Premio “Mestre Mateo” ao mellor documental pola Academia Galega do Audiovisual, tendo recibido tamén o premio “Memòria i Justicia Universal”, no III Festival Internacional de Cine de Dereitos Humanos da Santa Coloma de Gramanet, en decembro do ano pasado, e foi seleccionado na “Mostra Paralela” do Festival MUJERDOC (Soria, marzo de 2012).Se proxectará o vernes 11 no Hotel Riazor, as 20:30h, na Avda Marrié de la Maza, 29.

No hay comentarios:

Publicar un comentario