martes, 4 de marzo de 2014

SÚMATE XA A O TREN A MADRID POR A DIGNIDADE

   Os bombeiros súmanse ó tren, tanto na provincia de A Coruña como na de Pontevedra. Pra os interesados haberá dúas persoas encargadas da xestión do tren na "zona norte". Os encargados de A Coruña son: Ángel, da CGT, Tf. 696 903 890 sp.xeral@gmail.com , e Santiago, da Fronte Cívica, Tf. 654 629 190, frentecivicocoruna@gmail.com . Por se alguén quere contactar coa "zona sur", o contacto e Manolo, da CUT, cut.cangas@gmail.com . Temos algúns que se apuntaron de Tui e da Garda (Pontevedra), mellor que falen con Manolo, da CUT. Calquera dúbida, chamade.
   O tren ten que estar PAGADO o día 14, polo tanto, a data límite de pago é o día 12. O día 14 hai que chegar a Renfe cos máis de 20 mil € que custa o tren. As intruccións pra facer a reserva podes atoparlas picando aquí: http://frentecivicocoruna.wordpress.com/2014/02/19/formulario-e-contacto-para-apuntarse-as-marchas-da-dignidade-do-22m/

   O tren sae de A Coruña o día 22 ás 7:30, és 8:00 chega a Santiago e sae ás 8:05. Ás 8:45 chega a Ourense, e sae de Ourense ás 9:20. O tren de Vigo únese en Ourense e a Madrid vai un so tren. A Madrid chega ás 14:20 a estación de Chamartín. A volta é de Chamartín ás 23:00. A manifestación sae de Atocha ás 17:00, e rematará, aproximadamente, ás 20:00. Adxunto unha proposta de loxística feita polo Sindicato Ferroviario.
   Hai 130 persoas na lista de Coruña, así que necesítanse outras tantas para encher o tren. A chegada dos bombeiros foi moi importante, pero hai que facer todo o posible para dar a coñecer o asunto do tren, quedan poucos días para  conseguir a xente que fai falla. "Se nos movemos, conseguirémolo, sen dúbida"   Hai que facer realidade iste Tren das libertades e da dignidade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario