martes, 25 de marzo de 2014

A RADIO COMUNITARIA DA CORUÑA, CUAC FM 103.4, CUMPLE 18 ANOS.

   O 27 de marzo de 1996, no Campus da Zapateira, con reportaxe da TVG e presenza de diversos representantes da Universidade da Coruña, ademáis da presentación dos 26 programas cos que comezaba a andaina de CUAC FM no 103.4 da FM coruñesa. http://cuacfm.org/
 
   Dezaoito anos despois, máis de 1500 persoas e 422 programas teñen formado parte do proxecto ao longo da sua historia, nunha aventura que ten como principal obxectivo dar a opción de facer radio e difundir ideas moi diversas a través dese marabilloso sistema de comunicación sonoro.
   Os actos previstos para a celebración inclúen unha sesión de minimonólogos e brindis colectivo o Xoves 27 ás 20:30 horas en La Barbería (na Rúa do Orzán nº 15) que presentará Victor Grande, socio e ex-vicepresidente de CUAC.
   O sábado 29 emítese o programa comunitario Ar de Coruña de 12 a 14 horas e pola noite celébrase un concerto na Sala Mardi Gras coas banda madrileña Lamprologus (gañadores no 2011 do Concurso de maquetas da emisora) e os coruñeses Shine. A festa se completa con CUAC FM Djs na cabina da sala.
   De novo dende a propia radio, o domingo de 17 a 22 horas emitirán programas antigos da emisora que regresan ás ondas por un día. Programas como Cosecha del 78, Sopas con ondas o Casa amelia, revivirán por un día a sensación de estar en antena.
   CUAC FM emite para todo o mundo dende internet dende 1996 e conta dende 2012 con aplicación gratuita para ser escoitada en dispositivos móbiles (android, apple store e nokia ovi).
   Pero o máis importante que ten preparado a emisora será o Encontro Europeo de Medios Comunitarios que se celebra en Normal, o espazo de intervención cultural da UDC entre os días 10 e 13 de abril. A Coruña convírtese durante eses días no epicentro europeo do tercer sector da comunicación (nin público, nin privado comercial) con máis de 100 persoas representando a diversas redes de paises como Francia, Alemaña... ademáis de membros da Rede de Medios Comunitarios do estado español, que ten a CUAC como sede estatal.
http://encuentro14.org O encontro que conta con aplicación propia para mobiles.
Grazas pola vosa atención.

Comunicación: 981 14 00 45 // 677 428 150


No hay comentarios:

Publicar un comentario